Durex lanzará un xel de pracer con sabor a churrasco


“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca.

xel-durex-pementos-de-padron xel-pracer-durex-churrascoA multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer.

Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla introducir novos sabores entre os que se atoparían o de churrasco, bocadillo de rabas de lura e pementos de padrón. Este último tería dúas variedades, picante e non picante. Así a empresa lanzará unha nova liña de xeles con sabores do mundo e, aos achegados polo noso país, sumaranse os de paella, escargots, polo con améndoas e burrito.

A multinacional tamén comunicou que non soamente se adicarán a innovar nos sabores tamén nas texturas e sensacións e xa están a traballar nun xel de ortiga que agardan chegue nos próximos meses para facer as delicias de todos os masoquistas do mundo.

durex-churrasco

 

6 Comments Add yours

  1. Julio's avatar Julio di:

    *calamar > lura.
    *aportar > achegar.

  2. xabier's avatar xabier di:

    Xenial agora si que non bou deisar nadinha no prato, bou comer hasta os osos.

  3. Descoñecido's avatar Anónimo di:

    Ajajaja
    Ijole cabrones

  4. Luis's avatar Luis di:

    Pero si fue un Foto- montaje de Esteban Velasco como publicidad para unos amigos que tienen unas máquinas de vending en A Coruña. https://www.facebook.com/venamato/posts/333930210320491

    1. Pois alguén colleu as nosas imaxes 😂😂

Deixa unha resposta a Anónimo Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.