Compostelán acaba o Pokemon Go tras pasar a tarde diante da sede do PP


Un rapaz compostelán batiu todos os records coñecidos do coñecido xogo de Nintendo ao capturar todos os Pokemons do xogo nunha soa tarde.

pokemon goO fito aconteceu este domingo cando Xurxo T.B. estaba aburrido na casa e decidiu pasar a tarde xogando ao Pokemon Go. Achegouse ata a rúa Alfredo Brañas e alí comezou a patida do record.

En soamente 5 horas capturou todos os Pokemos do xogo incluíndo á Pokemon femia Prado que é bastante rara de atopar segundo indican os fans do xogo.

O nivel amosado polo rapaz foi tal que incluso capturou un Pokemon que non estaba catalogado nin por Nintendo: un pikachu Dorado que ía nunha pequena embarcación de recreo.

Tal foi o nivel de destreza que amosou Xurxo que alcanzou un nivel de puntuación nunca visto e que lle valeu para alcanzar o rango Pilar de Lara nivel non alcanzado sequera polos xogadores coreanos que botan 48 horas seguidas a xogar no título de Nintendo.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.