Na final da Copa do Rei proxectaranse as imaxes de Franco e Himmler


A Delegación do Goberno en Madrid impedirá a exhibición de esteladas durante a final da Copa do Rei de fútbol porque “pueden causar violencia” e, para aliviar a situación, decidiu proxectar nas bancadas as imaxes de Franco e Himmler porque “producen 40 años de paz”.

copa rei franco himmlerA organización colleu a idea das proxeccións que tiveron lugar días atrás no castelo de Guadamur en Toledo e decidiu trasladar a idea á final de copa xa que as imaxes de Franco e Himmler son unha inspiración para a paz “y no como las banderas separatistas que incitan a la violencia”, declararon fontes próximas ao goberno.

“A ver si así pillan la indirecta de que España es una, grande y libre”, engadiron.

Os asistentes ao partido serán rexistrados un a un para ver se levan bandeiras separatistas que poidan deslucir a proxección. Os corpos de seguridade do estado teñen ordes de requisar as bandeiras. Os portadores das mesmas serán obsequiados cun brazalete cunha estrela e serán levados a unha parte do estadio que será denominada temporalmente ‘gueto’. Posteriormente serán deportados de novo a Cataluña que en breve pasará a ser rebautizada como Polonia.

Queixas da embaixada alemá

Fontes próximas á embaixada alemá manifestaron que o seu corpo diplomático xa emitira unha queixa pola proxección da imaxe de Himmler e solicitaron que fose substituída por unha de Ángela Merkel.

2 Comments Add yours

  1. Descoñecido's avatar Odín di:

    ¡Y una MIER..xa éstos!
    ¡NO TERGIVERSEMOS!!, un campo de fútbol está xa lo que está, y no puede convertirse en un ‘Escaparate nacionalista’ x el interés de unos “politicuchos de 3@, sólo se hacen esa Gamberrada xa insultar o despreciar a la Institución y la bandera nacional, así que si no les gusta ¡¡Que NO la JUEGUEN!!
    O que amosa eiquí é que hai moito ‘FASCISTA de eido local’

    1. Descoñecido's avatar Preguntorio di:

      Estaste a referir ás bandeiras fachas e do aguilucho?

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.