Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura


A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas.

O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio.

O agresor foi detido polos escoltas do presidente que continuou coa súa xira electoral e rematando a tarde nun mitin en Coruña que concluiu sen facer ningunha referencia a agresión que sufrira horas antes.

Preguntados membros do Partido Popular de Valencia polo acontecido responderon ‘¡Qué hostia… qué hostia!’

http://www.youtube.com/watch?v=OvRjdiYxmac

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.