A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns


O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano.

Gayoso comunicándose con outros seres.
Gayoso comunicándose con outros seres.

Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais.

A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación do micrófono por parte de Gayoso non é para nada casual, e responde a unha depurada técnica que permite así ao seu queixo amplificar estes infrasóns a través dos medios de comunicación. Ditos infrasóns, non perceptíbeis para o oído humano, si poderían ser escoitado por algunhas razas de cans, que segundo apuntan desde a universidade tecnolóxica norteamericana, ladran durante toda a duración do programa Luar.

Pola súa banda, Xosé Ramón Gayoso declinou facer declaracións ao respecto, mentres que a súa barbela podería estar emitindo sinais de socorro ante o desvelo desta información.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.