Blablacar identificará os coches por linguas


Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes.

A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma dos viaxeiros, implementará novos atributos tanto aos usuarios como ás propios viaxes.

Durante a pasada semana surcaban as redes as imaxes de Whatsapp nas que unha potencial viaxeira da plataforma se negaba a compartir vehículo cun conductor que falaba galego, ante tal esperpento e a incredulidade do propio conductor, a noticia voou por todas as redacións do país ate chegar a oídos dos desarrolladores da plataforma informática de viaxes.

Según informa Blablacar nun comunicado de prensa, non é do seu interese crear polémicas nin debates encol do idioma dos usuarios da rede, polo que os seus desarrollares darán a opción aos usuarios de manifestar a súa opción idiomática para os viaxes e que as persoas podan ser quen de elixir o vehículo que mellor se adapte as súas necesidades e gustos.

Deste xeito os usuarios de Blablacar poderán explicitar entre os seus atributos os idiomas de preferencia, así como explicitar o idioma desexado para cada viaxe concreto.

blablacar
Así serán as novas opcións idiomáticas de Blablacar

One Comment Add yours

  1. Descoñecido's avatar Ferrolano di:

    Ya era hora. Hay días que parece que solo puedes ir con bloqueiros radicales de estos. Que les hablas español y te contestan en gallego. Que yo entiendo que en las aldeas se use, pero los que vivimos en ciudades como comprenderán no vamos a tener que aprender y usar ese dialecto

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.