Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda


beiras taboas da lei
Beiras coas táboas da lei

O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’.

beiras taboas da lei 2
Beiras rifándolles aos líderes da esquerda

Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os galegos adorando unha cachena de ouro. Ao lado da mesma, os líderes da esquerda discutían por un dos costelares da vaca dourada. O cabreo que lle entrou a Beiras foi tan soberano que, a pesar da traballeira que levara, partiu as táboas labradas en granito gris mondariz na cabeza dos líderes das tribus momento no que o líder tribal Pablo Iglesias aproveitou para lanzar a proposta de Podemos-Calquera Cousa. Pero a Xosé Manuel Beiras non lle pasaba o cabreo e colleu a cachena de ouro e arroxouna ao lume e esnaquizouna nun acto que foi criticado duramente por ‘Galicia, mellor sen touradas’ por facer proxinitismo do maltrato animal.

beiras xuntando as mareas
Beiras xuntando as mareas

Testemuñas presenciais indicaron que a continuación pronunciou un descurso de dúas horas aos alí presentes e arengounos para iniciar o éxodo cara a liberdade.  Cando rematou achegouse ao mar e xuntou as augas que estaban divididas en varias mareas. Debido á forte maruxía provocada naufragou o iate dun narcotraficante e resultou ferido un político de dereitas que ía cando el. Segundo fontes do Sergas o estado do político non reviste gravidade ao tratarse soamente duns moratóns nas costas que se puideron tratar botándolle un pouco de ‘cremita’.

 

4 Comments Add yours

  1. kin di:

    moito peor que Feijoo non o fará digo eu

  2. Anónimo di:

    Beiras é o noso Moisés, o home que nos há levar a terra prometida. Grande Beiras.

  3. Anónimo di:

    Perdeches un militante do BNG

  4. Anónimo di:

    Ridículo artigo

Deixa unha resposta a kin Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.