Volve á primeira liña, cargado do seu máis pronunciado fervor patriótico.

Despois da súa despedida no pasado mes de marzo despois de catro décadas de traballo en prol do fascismo e buscar mellor vida en Venezuela, Martínez “el Facha” volve con máis forza que nunca á primeira liña, e organízase politicamente nun dos que está a ser partido revelación dos últimos meses, Ciudadanos.
Martínez, azote do esquerdismo desde os anos da transición, volve un mes despois de marchar a Venezuela cos seus compañeiros “porque España está rota, y es preciso que alguien la pegue de nuevo” e engade que isto debe de facerse “con dos cojones!”.
Deste xeito Ciudadanos da outro golpe de efecto na precampaña de cara as próximas eleccións estatais de novembro de 2015, fichando a unha persoa “íntegra e de principios”, reafirmando así a liña ideolóxica da formación, máis se cabe despois do fichaxe fallido do policía Alfredo Perdiguero como candidato nas listas de C´s á Asemblea de Madrid.
“El Facha” pola súa parte móstrase contrariado porque algúns dos seus compañeiros quedaran repartidos por partidos como UPyD, España2000 ou o propio partido popular, pero asume que nalgún momento se atoparán no camiño, pois a unidade da dereita é imprescindíbel nos tempos de tibieza e falta de valores que, segundo el, se están a vivir
Preguntado recente problemática entre Venezuela e España e a raíz da súa recente estancia no país bolivariano, Martínez “el Facha” asegura que “alí no hay nada que hacer, es una dictadura. Un par de bombardeos y que muera el cuento”.
