Prostíbulos lanzan un bono-desconto familiar para familias con dificultades económicas


‘A familia que vai unida de putas, permanece unida’, será o slogan

familia puticlubVarios puticlubs do país van lanzar un bono familiar ás familias que, pola súa situación económica, non poidan permitirse seguir indo de putas. Outros establecementos van incluír áreas de bolas para que os nenos se entreteñan mentres seus proxenitores desfrutan dos distintos servizos.

‘Los chulos y proxenetas también tenemos nuestro corazoncito’, comentan dende unha asociación que agrupa a varios burdeis e barras americanas do país. ‘Por eso vamos a lanzar un bono familiar para que las familias puedan volver a venir a nuestros establecimientos. La familia que folla unida, permanece unida’, engadiron.

O tirón de ’50 sombras de Grey’ tamén vai ser obxecto dun bono-benvida para os novos clientes sadomasoquistas. Deste xeito ofrecerase unha introdución paulatina no mundillo para novos clientes a través dun autodenominado menú degustación que bautizaron como ’50 sombras de Mariano: Se non che chega coas hostias que che están a caer dende o goberno e aínda non estás cansado de que te fodan… Este é o teu plan’.

A asociación tamén anunciaron que se fixeran cos royalties de ‘Cuanta puta y yo que viejo’ que utilizarán de sintonía nos spots televisivos.

 

 

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.