Así o corfimaban esta tarde responsables da compañía de mensaxería.

Mañá xoves, día 18 de setembro una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambios sustanciais “debido aos cambios xeopolíticos que se están a dar”. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro tamén de Whatsapp. “É por isto que decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp) as bandeiras de Escocia e Catalunya.
Mark Zuckerberg e os directivos de Whatsapp queren facer un guiño así aos procesos de emancipación e as consultas e referendos que se producirán en ambas, polo de agora, nacións sen estado.
A data de lanzamento desta actualización non é casual, senón que coincide coa data na que Escocia decidirá, mediante referendo, o seu futuro. Independencia ou seguir ligado a Reino Unido.
Deste xeito Mark Zuckerberg e a empresa máis potente dentro do mundo da mensaxería, posicionanse abertamente a prol do SI e da saída destes países dos seus estados para conformar os seus propios. “Decidimos inserir tamén a de Catalunya, pois pese aos atrancos que o Goberno español está a poñer, non dubidamos de que celebrarán a súa consulta e conseguir unha ampla maioría de apoios á independecia catalana.
A última hora da tarde, Moncloa emitía un comunicado no que se expresa o disgusto do Presindente Mariano Rajoy pola inclusión da Senyera, a bandeira catalana, na aplicación móbil e explicaba a intención do presidente de deixar de utilizar Whatsapp e pasarse a Telegram.

Mira que xa pasaron 3 anos e continuamos procurando a bandeira galega no whatsapp, foi asi que cheguei aqui
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js
😊😊