O punto máis alto de Cabeza de Manzaneda énchese de estreleiras.

Tal como foi aprobado no último pleno, nunha moción presentada polo grupo de Anova – Irmandade Nacionalista no Concello de Manzaneda, onde rexentan a alcaldía, o pico de Cabeza de Manzaneda luce agora media ducia de Bandeiras Galegas ou da Patria.
Seis bandeiras estreleiras de diferentes tamaños, unha delas de 23 x 15 m e un peso duns 42 kilos, ondean ás súas anchas nunha das cimas da provincia ourensá nun xesto por “dignificar a patria galega”.
Así o explicaba o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, durante o acto de izado das bandeiras galegas, “Galiza está no máis alto, e agora podémolo afirmar, polo menos nun deles” comentou entre risas.
Nun acto solemne, con lectura de manifesto e co himno galego de fondo, explicouse o porque do feito “estamos fartos de que nos traten coma unha colonia, alén do Padornelo teñen que ver quen manda”. Rematado o acto e comparada a bandeira máis grande coa que se ergue na praza de Colón en Madrid, David Rodríguez foi claro “Nós temola máis grande”.
O Partido Popular de Manzaneda aproveitou para por o grito no ceo e expresou o seu malestar por “este intento de romper España”, mentres o PSOE limitouse ás declaracións do seu líder en Madrid, “nós somos federalistas, pero non tanto”. Sen representación no concello de Manzaneda, o BNG declarou desde Compostela por medio do seu portavoz Xavier Vence “o verdadeiro nacionalismo lévase no peito, non nas montañas” o mesmo tempo que sinalaba unha cracha da súa solapa.

¿En una foto del Teide? Manada de ignorantes de mierda. Esa es la cultura del independentismo
A ver home, e a imaxe é de photoshop e o tema é de coña. Imaxino que os dependentistas madrileños seredes o suficientemente intelixentes para entender o que é o humor, non?
ségueme a parecer unha paletada o de lle chamar estreleira á bandeira
Hahaha!
e o di un que escribe o seu nome en grego
si, un que escribe o seu nome en grego e que coloca ben os pronomes átonos
Haxa paz, xentiña, que isto xa parece o Galicia Confidencial