Lanzan ao mercado marihuana homeopática


Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país

Marihuana homeopatica
María Xoaniña, a marihuana homeopática: Entra como se fora auga!

A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa fabricación homeopática en cadea. Primeiro mesturaron o miligramo que tiñan con 99 mg de auga. Dos 100 mg obtidos separaron mesturáronnos con 1000 mg e así repetidas veces ata chegar aos 10 millóns de litros de produto homeopático que chegarán a todos os puntos do país a un prezo de 1 euro os 10 ml co que esperan unhas ganancias ao redor de 1000 millóns de euros.

A empresa tamén ten previsto lanzar unha gama de cocaína, heroína e meta azul homeopática para cubrir todo o mercado de estupefacientes.

Preguntados pola viabilidade legal da súa empresa e a posibilidade de seren acusados de narcotráfico responderon que “si lleva menos material que un billete de 20 euros”.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.