Pregúntanlle se ten vacas e responde que un mes ao ano

A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante. A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña. Segundo relatan testemuñas presenciais tratábase dunha conversa normal ata que a moza, gandeira da parroquia do Freixo, preguntoulle ao seu interlocutor…

Ana Miranda suspende o carné de sacho

O pasado 22 de abril, Ana Miranda examinábase do carné de sacho nunha finca urbana da zona de Belvís, en Compostela. Ataviada co seu sacho, herdado segundo fontes oficiais, de Bautista Álvarez, e pertrechada con vaqueiros e fular, como se se tratase de apagar un lume con mangueira e mocasines, Ana Miranda chegaba a horta…