Feijoo encarga un palé de Fortasec

O descalabro do Partido Popular nas eleccións ás cortes españolas precipita o pedido urxente de cantidades inxents Fortasec para o presidente da Xunta.  O irrupción de En Marea no panorama galego está a provocar moitos problemas do PP de Galicia. Moitos asesores e cargos do partido foron atopados correndo en círculo coas mans na cabeza nas sedes…

A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro

“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de…

Constátase que Besteiro é un cantante

En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito…

Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións

A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…