Guaidó aproveita a súa visita para autoproclamarse alcalde de Madrid


Desde o PP aseguran que non saben como puido suceder algo así.

O autoproclamado “presidente” da Asamblea venezolana Juan Guaidó aproveitou este fin de semana a súa visita a capital do estado para autoproclamarse diante de centos de compatriotas venezolanos, novo alcalde de Madrid.

O venezolano, que foi tratato con todo luxo tanto por PP como por Vox, acababa de recibir minutos antes da man do exalcalde Almeida a Chave de Ouro da cidade, o que deu pé a Guiadó a que, durante o seu discurso, se autoproclamase novo rexedor.

Fontes próximas ao Partido Popular aseguran non saber que foi o que puido pasar para que isto sucedese, e que agora mesmo, despois de que o propio Guaidó tomase o bastón de mando, pouco podían facer, “ten toda a lexitimidade” comentaron.

Desde a embaixada venezolana en Madrid parabenízanse polo acontecemento e confían en que as madrileñas e madrileños poidan comprobar in situ a labor xestora do novo alcalde.

O novo alcalde quixo deixar constancia no seu perfil de Twitter, e cun chío asegura ante os venezolanos congregados para festexar a nova alcaldía, que este so é un primeiro paso para volver a Venezuela con máis forza.

Os de @TemposGalegos están de volta! 🎉

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.