A editorial Xerais anuncia o estraperlo de 1500 fardos de Fariña


Un alixo de dúas toneladas da edición en Galego chegará este sábado ás 4 á praia da Lanzada.

O director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, comunicou na xornada de onte a posta a disposición do público do libro “Fariña”.

A editorial, que é a única que ten os dereitos en galego do libro de Nacho Carretero, toma a decisión despois de estudar en qué medida podía afectar o secuestro da publicación decretado pola xuíza hai hoxe apenas dúas semanas.

Após unha longa reflexión decidiron “dar a batalla ao narcotráfico co librotráfico”. O pistoletazo de saída será este mesmo sábado coa entrega de dúas toneladas de libros que chegarán á praia da Lanzada, no Grove. O eslogan da campaña será “Nin Fariña sen libros, nin libros sen Fariña”.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.