Google Chrome recoñece que utilizou a Castelao cómo inspiración da ventá de incógnito


A versión galega protexerá as pesquisas dos galeguistas da Audiencia Nacional

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasará a historia mundial, non só por ser unha das figuras máis relevantes no eido artístico e literario galego, senón tamén por servir de inspiración á equipa de Google Chrome no deseño da súa ventá de incógnito.

A orixe da idea sae da equipa do navegador web en Mountain View, California, e en concreto da súa enxeñeira xefe en telecomunicacións, Antía Rodríguez Tubío, nada en Rianxo. Tralo éxito acadado coas lapelas de incógnito, a equipa planea lanzar unha versión en galego e para galeguistas.

A versión galega permitirá a quen a use abrir lapelas geleguistas sen medo a ser rastreado na web pola Audiencia Nacional, permitindo que se partille e se difunda a liberación nacional da matria galega sen medo a represalias legais.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.