O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres


Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa.

As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa propia tradición de venres negro e non pode ser con outro que co elemento negro galego por antonomasia, o licor café.

As tascas galegas repartirán copos e chupitos de Licor Café a todas aquelas persoas que acrediten a partires deste 2017 defender con fervor patriótico a festividade do bLKfriday.

Baixo a promesa de que tras as primeiras copas as seguintes serán dobres, é dicir, pagarán unha e verán doble esa mesma, pero de xeito gratuíto o evento antóxase un éxito antes de comezar.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.