A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid


As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”.

la-sexta-coruna-vigoO cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar de que as canles de televisión estatais xa amosaron a súa satisfacción: “Era lo que necesitábamos. Creo que no nos volveremos a equivocar Vigo de Arriba implica que está encima de Vigo y eso facitilará las cosas a nuestro personal de infografía”, declararon.

Os Riazor Blues foron os primeiros en dar a voz de alarma: “Vigo non! Que nos chamen Lugo do Oeste pero… Vigo non! Vigo non! Vigo non!”, declararon voceiros dos siareiros deportivistas. Sen embargo a situación non é vista así polos Celtarras: “Poden deixar de ser turkos dun golpe simplemente abrazando o novo nome e de paso que actualicen o do Deportivo. Recomendámoslles o nome  de Visigodos de Vigo de Arriba, por españoleiros”, espetaron.

Pola súa banda, Xulio Ferreiro, alcalde da antiga cidade chamada A Coruña, declinou facer valoracións pero, segundo puido saber este medio, a Marea Atlántica xa está traballando na instalación dun dinoseto en María Pita.

O cambio de nome tamén tivo repercusións políticas e lingüísticas. A sección noroeste de Galicia Bilingüe xa amosou a súa discrepancia e, segundo indican nun comunicado, impugnarán o novo nome xa que debera ser “El Vigo de Arriba”.

12 Comments Add yours

  1. Descoñecido's avatar Galego di:

    Portugal de arriba!

  2. Felisindo's avatar Felisindo di:

    Turkía Galega xD xD

  3. Coruñesa's avatar Coruñesa di:

    SOY DE LA CORUÑA. NO ME HACE NADA DE GRACIA QUE JUGUEIS ASI CON LOS SENTIMIENTOS DE LA GENTE. YA NOS LLEGA CON LOS INTEGRISTAS DEL GALLEGO Y AHORA VENIIS VOSOTROS CON UN CAMBIO DE NOMBRE.
    DEJADNOS EN PAZZZZZZZ

  4. Galaricano's avatar Galaricano di:

    Turquíaaaa

  5. Ferminazi's avatar Ferminazi di:

    AHORA SOLO FALTA QUE ENTRE EL TONTO DEL ALCALDE DE VIGO, MUY AMIGUITO DE NUESTRO JULIO HERRERO, A APOYAR ESTA PAYASADA

  6. Atlántico's avatar Atlántico di:

    KSULIO,ESTO NO LO VOTAMOS EN LA ASAMBLEA DE LA RED!!

  7. VacaNoMillo's avatar VacaNoMillo di:

    Y esto quien lo decide?

  8. A da ría's avatar A da ría di:

    O mellor das noticias sempre son os imbéciles de Galicia Bilingüe facéndose os ofendidos.

    Ide pastar a Vigo de arriba un ratiño!

  9. Aristófanes's avatar Aristófanes di:

    Non entendo como a xente pode tomar en serio as novas de coña.
    Supera o meu entendimento

  10. Descoñecido's avatar Anónimo di:

    TODO EL MUNDO MUNDIAL SABE PERFECTAMENTE UBICAR NUESTRA MARAVILLOSA CIUDAD Y SU MAGNIFICO NOMBRE, VIVA LA CORUÑA!!! Una de las mas bonitas ciudades de ESPAÑA!!

  11. Alex's avatar Alex di:

    Jaja, no sabía que había una especie de Mundo Today en galego. Me alegro, aprecio esa tierra. Y como andaluz me avergüenza la incultura de algunas cadenas nacionales

  12. Ferrolano's avatar Ferrolano di:

    Jajajaja y aun hay coruños que se ofenden con estas noticias de coña. Iros a pastar que no soys el ombligo del mundo.


    https://polldaddy.com/js/rating/rating.js

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.