A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid


Na súa construcción faleceron  polo de agora 10 Lobetos.

Cuberta de Balaídos esgazada polo temporal.
Cuberta de Balaídos esgazada polo temporal.

A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier.

A nova superficia será reconstruída en Adamantium, para non disgustar ao Real Madrid, no caso dun novo temporal, xa que, como se apreciou trala cancelación do partido deste domingo no estadio vigués, o clube branco non leva ben os cambios de plans, a pesar de que neste momento se atopa en menos competicións deportivas que o propio Celta de Vigo.

As obras, que nos últimos días e baixo as presións do Real Madrid, se están a realizar contan ademais de cos X-Men coa inestimábel axuda do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen grazas ao seu carisma, é quen de colocar as placas de Adamantium a unha velocidade récord.

No momento de redacción deste artigo xa son 10 os Lobetos falecidos a consecuencia de accidentes laborais acontecidos durante as reparacións no estadio celeste.

10 son xa os Lobetos mortos por mor de diversos acciedentes laborais nas obras de reconstrucción.
10 son xa os Lobetos mortos por mor de diversos acciedentes laborais nas obras de reconstrucción.

One Comment Add yours

  1. iliadde's avatar Fernando di:

    Que contento se vai poñer Josep Pedrerol

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.