Unha señora de Ordes sementa o caos e dálle froitos


Xosefa C. Couso, de 71 anos e orixinaria de Ordes, sementou o caos a tempada pasada e actualmente está colleitando os primeiros froitos.

superavoaEsta ordense decidiu plantar a semente que un veciño moi amablemente lle dera e logrou facer unha gran plantación. Converteuse así na envexa de todos os cidadáns, sementando así o caos, non só na súa leira, senón tamén nesta poboación coruñesa.

Xosefa atopoulle o gusto a isto de emprender e está pensando en novas colleitas e en ampliar mercado. Estou pensando en plantar hostias, sempre fan falta, e colléndoas a tempo evitan moitos males. Dende asociacións de cultivo ecolóxico, como WikiCrops, están pensando en facer eventos para potenciar o cultivo de caos e hostias.

As súas compañeiras de ventas din que se vende mellor cós grelos e cós caquis, e aínda mellor que os kiwis. Xa están pensando en adentrarse neste novo mercado, o que foi visible cos comentarios que unha das vendedoras nos proporcionou a Tempos Galegos: Que hostias ques? Substituíndo así a típica frase Ques kiwis?

Artigo enviado por Noel Alive:  Facebook, Twitter

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.