Canadá construirá un muro para evitar que os estadounidenses que fuxan de Trump poidan cruzar ilegalmente


Terá de 10 a 15 metros,  cubrirá toda a fronteira entre Canadá e Estados Unidos e obrigará aos estadounidenses a pagalo.

muro-canada-eeuuO primeiro ministro canadense Justin Trudeau anunciou a construcción dun muro despois de que moitos cidadáns norteamericanos que anunciaran que emigrarían a Canadá tras a victoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais en Estados Unidos. “Non imos permitir que milleiros de ianquis crucen ilegalmente a nosa fronteira coas súas armas”, declarou. “Queremos poñer freo á emigración ilegal cando se queden sen sanidade e evitar que veñan a aproveitarse do noso estado de benestar e sanidade pública”, espetou. A polémica foi a maiores ao indicar que o custe económico do muro debera ser pagado polos seus veciños de Estados Unidos: “Se lles fuxe a xente o problema o teñen eles e deben facerse cargo dos gastos”.

Reaccións no noso país

Feijoo felicitou a Donald Trump pola súa victoria e, segundo puido coñecer este medio, convidouno a visitar o concello ourensán de Beade.

O Partido Popular a nivel estatal tamén felicitou o magnate estadounidense e mandou unha mensaxe tranquilizadora ao pobo americano: “La gente también tenía miedo de Franco y mirad que bien lo hizo”.

2 Comments Add yours

  1. Gamela's avatar Gamela di:

    Convídovos a facer un fake sobre este asunto a ver se así chegamos máis lonxe…?
    https://twitter.com/lagarder81/status/797418881497366528

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.