Federico Trillo: “La guerra de Irak no existió. Son los padres”


O exministro de defensa do goberno de Aznar indicou onte que “España no fue a la guerra de Irak”.

federico trillo
Federico Trillo: “No hubo guerra… Y lo sabes!”

Federico Trillo ofreceu onte unhas declaracións despois de coñecerse o informe Chilcot. Nelas negou que o estado español tivera participado en guerra ningunha. “Enviamos a unos soldados de vacaciones a oriente medio a un sitio en un que se repartían besos, arcoiris y unicornios”, declarou Trillo. “A eso no se le puede llamar guerra”, engadiu

Interpelado polos xornalistas sobre que eran entón esas concentracións e manifestacións que se celebraron durante a guerra de Irak indicou que “La guerra de Irak no existió nunca. Son los padres que les meten ideas raras a los hijos en la cabeza”. Cando un xornalista lle ensinou unha fotografía co lema “Non á guerra” o exministro indicou que “Eso sería una manifestación contra Alfonso Guerra, que era muy malo”.

Científicos do CSIC xa apuraron unha hipótese na que o actual Federico Trillo foi substituído por unha versión del que viaxou a través dun buraco de gusano dende un universo paralelo onde as balas son gominolas e as guerras se realizan mediante cóxegas.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.