Multan a unha parella por botar un polbo nun andén de Compostela


Nestes momentos trátase de identificar á parella por medio das gravacións de ADIF.

O polbo no andén da estación de ferrocarril de Compostela
O polbo no andén da estación de ferrocarril de Compostela

O incidente que acontecía na mañá de onte chamou a atención de usuarios do ferrocarril e traballadores da propia estación, posto que non é moi común ver esta clase de animal no centro da capital galega.

Unha parella do redor dos 30 anos, segundo as testemuñas, chegaban a estación de tren de Santiago de Compostela, e sobre ás 11h da mañá botaban un polbo no andén, preto das vías. O animal que, xa se atopaba morto no momento do suceso, podería ter sido sutraído nunha das pescaderías da praza de abastos.

A policía investiga agora, con axuda de ADIF, para dar coas persoas que protagonizaron este acto vandálico, e desde a subdelegación do goberno descártase que os autores teñan relación coa morte do polbo Paul anos atrás.

Desde o propio Concello de Compostela afirman que esta non é unha practica habitual na cidade, pero estarán alerta por se volve acontecer algún caso semellante.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.