Agárdase unha manifestación multitudinaria na que celebrarán a morte dun xudeo que trataba de desestabilizar o réxime.

Fotografía Mindaugas Danys baixo licenza CC
A executiva nacional do KKK convocará manifestación en moitas cidades e vilas e agardan unha presenza maioritaria na mobilización. A protesta exténdese desde o país veciño de Hespaña e, segundo poido saber o noso medio, hai cidades nas que conta incluso coa adhesión de partes do exército e da garda civil.
En Galiza agardan que as manifestación sexas masivas en Ferrol e Ribadeo onde están chamadas a participar centos de persoas que celebrarán a morte dun xudeo despois de varias horas torturado e desangrado.
Aínda que poida pacecer estraño estas manifestacións non preocupan ao goberno do Partido Popular da Xunta nin do estado español, senón todo o contrario. Deste xeito, moitos dos membros dos gobernos, conselleiros, alcaldes e ministros participarán nas manifestacións e incluso a Conferencia Episcopal anuncia que se suma ás manifestacións.
Os representantes das marchas anunciaron que, no canto de contratar un DJ, a música correrá a cargo de varios voluntarios con cornetíns.
Penso que para as persoas víctimas do Ku Klux Klan, esta noticia non será moi divertida. Un amigo meu viviu ataques desa xente; espero que non chegue a ler este artigo.
Cristiano ou non, debemos condenar os actos desa organización.
E coa Semana Santa non “celebrarán a morte dun xudeo despois de varias horas torturado e desangrado”, senón que rememoran con tristeza a inxustiza que viviu ese home. Un home que 2000 anos despois segue dando que falar; tan mal non o fixo.