Sergio Ramos contento porque a Igrexa lle dedique un domingo


O xogador do Real Madrid non deixou escapar a ocasión para agradecer ao Vaticano a dedicatoria deste día.

1271048_domingo_ramos_20140417102752Sergio Ramos aproveitou o término do partido que enfrontou ao Real Madrid e ao Sevilla para expresar polas redes sociais todo o seu cariño e agradecemento tanto á conferencia episcopal española como ao propio Vaticano por fsetexar un día en torno á súa figura.

Sergio Ramos que asegura ser católico practicante considera que este acto trata de gratificar que o sevillano sirva de modelo publicitario polo mundo do catolicismo na súa figura.

Deste xeito Ramos afirmou non considerarse tan importante, pero que o seu respeto polas tradicións e pola propia Igrexa fai que se sinta che de forza para encarar o tramo final da Liga. Ramos asegura que coa forza do Papa Francisco detrás o Real Madrid vai a ser imaprábel.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.