Centro de investigación de primates consegue que un policía aprenda 50 palabras en galego


Científicos dun centro de investigación de primates afirman que conseguiron que un policía aprendera cinco decenas de palabras en galego.

Koko, o gorila máis intelixente do mundo, felicitando ao policía pola súa graduación
Koko, o gorila máis intelixente do mundo, felicitando ao policía pola súa graduación

A equipa responsábel do proxecto afirma que despois de máis de un lustro de traballo intensivo están en disposición de amosar ao mundo un exemplar de policía que poida comunicar e entender 50 palabras na lingua de Castelao. Segundo o comunicado que enviaron aos medios as primeiras palabras que aprendeu o exemplar foron ‘España’, ‘porra’ e ‘comunista’ o que non lles levou máis de tres semanas xa que eran conceptos que xa manexaban na súa lingua vernácula e dada a coincidencia tanto semántica como morfolóxica serviron para motivar ao exemplar obxecto do experimento a aprender novas verba e conseguir, así, que ampliara o seu vocabulario.

Os autores do estudo explicaron que o método que utilizaron para a aprendizaxe foi o coñecido método Pavlov de condicionamento operante consistente en recompensa e castigo. Deste xeito, cando o exemplar aprendía unha nova palabra era recompensado deixando que pateara un perroflauta sen a presenza de cámaras de seguridade mentres que, se se equivocaba, o castigo consistía en retirarlle un touro a un obxecto de cor vermello e amarelo polo que o suxeito parecía amosar grande aprecio.

Segundo avanzou o equipo de investigación o exemplar será doado ao Centro de Atención ao Cidadán da Policía Nacional onde agardan que teña un hábitat adecuado para o seu desenvolvemento.

 

3 Comments Add yours

  1. Agencias's avatar Agencias di:

    Un policia “español” deveriam precisar mais quando falam, porque na Galiza temos muitos tipos de policia e alguns entendem e falam o galego perfeitamente

    1. Javier Carbajal's avatar Javier Carbajal di:

      máis ben eu diría un animaliño vestido de policía, con perdón dos animaliños.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.