A Mas atragántaselle a cup


Despois da comida do domingo, ao President en función foille a cup de café con leite por onde non era.

artur_mas_cafe
Artur Mas cunha cup de café antes da noticia de que as CUP non o apoiarían.

Desde fontes próximas a Artur Mas aseguran que o café que estaba a tomar causoulle un atragantamento ao ler en twitter chíos sobre a noticia do non apoio da organización anticapitalista CUP.

O café con leite dirixiuse cara a larinxe pegando de cheo na epiglote, a cal realizou o seu cometido e non permitiu o acceso do líquido as cavidades pulmonares de Mas, porén, o atrangatamento acabou co President trousando no seu recuncho da mesa.

Expéculase coa posibildade de que o café poidese ser ecolóxico, regalo dunha tenda anticapitalista barcelonesa, o cal chegara a residencia da familia Mas como un regalo dalgún dos parlamentarios da formación amarela.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.