Constátase que Besteiro é un cantante


En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE.

A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’.

Tal feito non puido ser constatado ata o pasado 4 de decembro. Aconteceu nun coñecido karaoke da cidade ourensá onde o secretario xeral dos socialistas galegos arrancouse a cantar Nino Bravo demostrando que as súas capacidades para a lírica están á par das súas dotes políticas.

A canción escollida por Xosé Ramón Gómez Besteiro foi o hit de Nino Bravo ‘Noelia’. Fontes próximas aos socialistas ourensáns desmentiron que a canción fose adicada á deputada socialista ourensá Noela Blanco. ‘Ela chámase Noela, non Noelia. Asunto zanxado’, declararon.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.