Independentes de Ourense en Común promoverán a Ximena González como candidata de consenso


Ximena González, militante do BNG, contaría co apoio de gran parte da asemblea de Ourense en Común

ximena_glez
Ximena González nunha imaxe de arquivo.

Despois do sucedido na pasada fin de semana durante as primarias de Ourense en Común, na cal a carretaxe foi o actor predominante, as persoas sen afiliación política veñen de presentar ante a asemblea de Ourense en Común unha candidata que prentenden xere o consenso necesario para que o proxecto cidadanista continúe o seu camiño.

Ximena González, a día de hoxe concelleira na cidade de Ourense polo Bloque Nacionalista Galego, non continuará a próxima lexislatura na candidatura do BNG polo que desde un primeiro momento se especulou co seu nome para formar parte da candidatura popular.

A edil nacionalista, moi ligada ao ámbito feminista galego, tería participado nas primeiras reunións da iniciativa Ourense en Común, o cal lle tería costado, a priori, a súa saída pola parte de atrás das listas do BNG.

A non aceptación dos candidatos de CxG, por parte da asemblea de Ourense en Común, podería ter sido o catalizador desta decisión que pretende deixar contentos a tódalas partes, en especial independentes e Compromiso por Galicia. Falta por ver a opinión de actores como Anova, para os cales Ximena ten sido o seu azote constante nas redes sociais desde que nacían aló polo 2012.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.