Iker Jiménez: “As caras de Bélmez son en realidade o rostro de Pablo Iglesias”


O xornalista recoñece que é o maior misterio co que se levan atopado dende que iniciaron o programa

pablo iglesias belmez
Imaxe obtida tras aplicar métodos acientíficos sobre un chan de pedra

A equipa de Cuarto Milenio acaba de anunciar o sorprendente descubrimento de que os rostros que aparecen misteriosamente en Bélmez son os da cara de Pablo Iglesias.

O xornalista vasco anuncióunolo en exclusiva e avanzounos o que se dará a coñecer no programa do próximo domingo en Cuatro titulado ‘Aparecen pruebas de que Pablo Iglesias podría ser el nuevo mesías’ e relacionará o caso das caras de Bélmez co rostro que aparece na Sábana Santa do que dixo “también se le da un aire a Pablo”.

sabana santa
O rostro que aparece na sábana santa parece ter perilla e pelo largo co que podería facer unha coleta

Reputados parapsicólogos e algún científico mediocre participaron na investigación que realizou cromatografías e espectrografías as famosas imaxes que apareceron no chan da famosa casa ubicada en Bélmez de la Moraleda en Xaén. O resultados sorprenderon a propios e estraños e, segundo nos acaban de desvelar en exclusiva, as imaxes que aparecen son, en realidade a cara de Pablo Iglesias.

Preguntámoslle a destacados líderes da oposición sobre esta novidade no fenómeno. Rajoy respondeu “Joder, este tío está hasta en la sopa”. O equipo de Pedro Sánchez non fixo declaracións pero fontes confidenciais apuntan a que xa está viaxando a Bélmez cun equipo de raios X portátil para ver se é capaz de gravar a súa cara no famoso chan da casa.

Pola súa banda o BNG, a través do seu voceiro Xavier Vence, xa declarou que “Isto ten que ser cousa do gabinete dos da Complutense”.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.