O novo iPhone 6 non realizará sexo oral


Usuarios de Apple non se explican o prezo de 900 euros do terminal 

iphone6
Na imaxe, iPhone 6 trata de copular con outro terminal do mesmo modelo

A compañía da mazá presentou onte en San Francisco o novo modelo de iPhone nunha esperada e concurrida Keynote ante a expectación do mundo tecnolóxico. Sen embargo, nada máis presentalo unha lexión de fans da marca xa criticaron á compañía californiana porque o novo iPhone non ofrece nada que xustifique un desembolso duns 900 euros.

“Agardábamos que por fin se fusionara o iPhone coa Thermomix pero Apple defraudounos. Xa non pensan nos gafapastas tanto como na época de Steve Jobs”, declararon á salida da conferencia varios entusiastas da marca. “El tipo que presentaba ni siquiera llevaba jersey de cuello alto…”, engadiu desconsolado outro fan.

Usuarios pajilleros tamén amosaron a súa decepción porque o novo terminal non inclúa satisfación oral. “En Apple son todos unos puritanos de mierda. Siri nos ponía cachondos y esperábamos un iPhone XXX”.

 

 

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.