O Dépor ficha a Castolo


O Deportivo da Coruña chegou a un acordo para a incorporación do brasileiro do PES United, Castolo, que chegará ao conxunto galego esta tempada, informaron a TemposGalegos fontes da negociación

Castolo controla o balón en Abegondo
Castolo controla o balón en Abegondo

O club coruñés confirmou a contratación do dianteiro de 33 anos, que ten previsto pasar mañá recoñecemento médico.

Castolo, que ten contrato co PES United, será a priori, a última fichaxe do Deportivo se supera as probas previas á súa incorporación ao equipo que adestra Víctor Fernández.

O brasileiro, que non conta con pasaporte comunitario, formouse no PES United, sendo un dos artífices de grandes victorias na Máster League. O xogador que xa fora tentado anos atrás polo Real Madrid e polo Rápido de Bouzas recalá desta volta sí na Liga Española.

Deste xeito o Deportivo da Coruña pecha o seu plantel cun dianteiro, tal como precisaba. O presidente do club herculino parabenizábase pola xestión da negociación na cal se fan cos “servizos dun xogador con gol e ampla experiencia”.

Agora quedará ver como Castolo se aclimata a liga española e cal será o seu rendimento.

 

One Comment Add yours

  1. Jejeje, el jueves galego, tá ben a cousa.!!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.