Miley Cyrus ficha pola Panorama


A orquestra galega acadou un acordo coa cantante estadounidense para a súa xira veraniega deste ano 2014

Miley Cyrus Panorama

A orquestra Panorama acaba de romper o mercado de verán e anunciou a fichaxe da ex-estrela de Disney e, na actualidade, polémica cantante Miley Cyrus e anunciaron que sairán de xira conxuntamente este verán.

A cantante americana integrarase perfectamente na montaxe da orquestra galega xa que teñen previsto suprimir un dos trapecios para darlle entrada a Miley Cyrus coa súa bola de demolición e anunciaron que a popstar cantará varios temas e que algúns non serán do seu repertorio. Deste modo avanzaron que a canción estrela do repertorio deste verán será o Reggaeton de Anxo Quintana e será interpretado pola cantante estadounidense.

Compromiso coa loita dos distintos pobos do estado

Pola súa banda Miley Cirus comprometeuse a sacar unha senyera cando actúen en Galiza e unha estreleira se van actuar a Euskal Herria para amosar o seu compromiso cos pobos que están a loitar pola súa emancipación nacional e social.

 

3 Comments Add yours

  1. Descoñecido's avatar Luz di:

    Me da pena con los tiempos ke corren k las comisiones de fiestas pagen tanto x una orquesta k lo unico k hace es gritar y saltar. Esto es galicia esto no es marbella y claro ahora cobraran mucho mas. Con las grandes orquestas y buenas k tenemos. Señores k pena tirar tanto dinero lo unico k les falta es traer un par de leones. Ke triste k las comisiones tiren asi con el dinero de los vecionos

  2. Cascarilleiro's avatar Cascarilleiro di:

    Non so iso: a París de Noia está disposta a fichar a Conchita Wurst, como todo o mundo sabe é de pais galegos (de Vila de Cruces).

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.