Aznar e González presionarán a Del Bosque para que abdique no seu fillo


A “casta” futboleira fracasa no Brasil. “Podemos cogernos a La Roja” berraban os chilenos antes do partido”

Aznar e Felipe González perionarán a Del Bosque para que deixe a coroa da selección
Aznar e Felipe González perionarán a Del Bosque para que deixe a coroa da selección

Tras a eliminación da equipa española do mundial de futebol españois e españolistas en xeral piden eleccións anticipadas polo fracaso de La Roja. Outros máis radicais, coma o BNG ou los Chicos del Maíz, esixen que selección española se disolva e entregue as botas.

Pola súa banda, Pablo Iglesias Turrión manifestou que este fracaso é debido a unha “casta” de futbolistas chupópteros que acaparan todo o protagonismo cando ó longo e largo do estado hai futbolistas moito máis preparados que poderían facer un bo papel.

Certos medios xa están a informar de que Felipe González Márquez e José María Aznar e seus respectivos partidos, PP e PSOE, están a presionar a Del Bosque para que abdique nas próximas horas e nomee ó seu fillo coma novo adestrador. Fontes do goberno español recoñeceron que a situación é moi grave e advirten que rojos, separatistas e bolivarianos en xeral poden aproveitar o baleiro xerado e tomar o poder futbolístico.

O CNI está a estudar unha reunión celebrada por Skype o pasado día 15 de Xuño entre Pablo Iglesias, Xosé Manuel Beiras e Arnaldo Otegui coa deputada chilena Camila Vallejo coma posible fonte da conspiración que deu esta terríbel estocada ó corazón de España.

Casillas cun gin tonic celebrando que esta vez so lle meteron dous
Casillas cun gin tonic celebrando que esta vez so lle meteron dous

 

One Comment Add yours

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.