Atopan un túnel que une a sede do PP con Suíza


tunel genova-suizaObreiros que traballan na ampliación do metro de Madrid acaban de informar de que atoparon un túnel que comunicaba a sede da rúa Génova coa banca suíza.

Segundo parece a infraestrutura foi realizada mediante colaboración público-privada semellante a utilizada como modelo para a construción de autoestradas e hospitais e permitía unha alta capacidade de persoas.

Responsábeis do PP declararon que en realidade “no era un túnel de uso propio sino que era un proyecto de eurotúnel que se iba a inaugurar en diferido” ao que engadiron que “se trata de una importante infraestructura necesaria para el conjunto de la ciudadanía española que ayudará a aligerar el tráfico rodado en superficie”.

Preguntados polos luxos cos que se construíu o túnel, responsábeis do partido declararon que eran “lo normal para un estilo de vida austera. Es más, apenas nos daba el sueldo para la calefacción…”

O Ministerio de Fomento xa está pensando en aplicar peaxes para o acceso ao dito túnel e tamén anunciou un plan de rescate ao entrar en perdas a empresa que viña realizando a súa explotación.

 

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.