A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor


caluga_lendoiro_escudo
A caluga de Lendoira sonrí aos fotógrafos durante unha conferencia de prensa

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña.

Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a llamarse El Deportivo da LLa Coruña” e o encuadrou nas medidas para loitar contra os “nacionalistas kaleborroqueros” para así se “le quieren quitar una ‘L’ pues queda otra”.

Kuato
Kuato-Pujol quere aspirar a ser presidente do Fútbol Clube Barcelona

Para potenciar a súa candidatura anunciou contactos con Kuato, de Desafío Total, para que se presente as eleccións do Barça e despois constituír a Asociación de Partes do Corpo Presidentes de Fútbol (PCPF).

O Ministerio de Asuntos Sociais, a Consellaría de Benestar e a Deputación da Coruña xa anunciaron subvencións no caso de que se constitúa a asociación.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.