Baixa ao VAR a por unha cervexa e remata expulsado do estadio

Un afeccionado galego ten que abandonar o estadio de Kaliningrado tras ser botado da sala do VAR onde pretendía pedir unha Estrella Galicia. O home de 38 anos e natural de Cuntis tería chegado a sala de axuda arbitral tras varias voltas ao estadio buscando un posto onde mercar cervexa. Deste xeito ao ver que…

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking…