Agustín Hernández rescata un home do río e vólveo guindar


O ex conselleiro e dirixente do PP en Santiago rescatou un home que caera ao Sar, sácase unha foto con el, e vólveo tirar ao río.

Os feitos aconteceron durante a sesión de running matinal do concelleiro do Partido Popular en Santiago polas beiras do Sar. O ex conselleiro que corría acompañado dun fotógrafo de El Correo Gallego ía parándose conllendo lixo das beiras e tirándoo ao río e, segundo relatan testemuñas presenciais, Agustín Hernández emocionouse e viu a un home no río momento no que se lanza a rescatalo, saca a foto para a prensa e vólveo guindar ao Sar.

Hernández veuse tan arriba que continuou a súa carreira guindando ao Sar tres cans que estaban paseando os seus donos, unha furgoneta de MRW que estaba de reparto preto de Área Central e varias bicicletas xunto cos seus respectivos donos entre os que se atopaba un mozo de Nuevas Generaciones da capital que mantiña en secredo a súa afición por medo a que os seus compañeiros de partido o consideraran un progresista.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.