A cabra da Lexión lanza gritos fascistas durante o desfile das Forzas Armadas


A cabra berra contra Catalunya e a favor de que o exército toma as rendas do conflito catalán.

Un ano máis a cabra da Lexión é a protagonista do desfile militar deste 12 de Outubro, máis desta volta por ser ela a protagonista dos gritos fascistas escoitados durante o paso dos seu destacamento polas rúas de Madrid.

Durante o seu paseo berridos a favor do réxime fascista e ensalzando a figura do dictador Francisco Franco fixeron que máis de un e e de unha alzaran o seu brazo como se de cun resorte se tratase.

Desde a propia Lexión aseguran non saber onde puido a cabra aprender ditas frases pois, como aseguran, dentro do seu destacamento atópase xente moi respectuosa e amábel co resto de habitantes españois.

Desde o PP restan importancia ao feito e aseguran que de trata de cousas de animaliños.

Do mesmo xeito o PSOE declara que “o que diga o PP válenos” pero que plantexaran cambiar a cabra por outra cabra igual de fascista, pero que polo menos non o exprese.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.