Netflix roda a terceira tempada de Narcos no domingo fareleiro


Netflix aproveita a celebración do domingo fareleiro para rodar escenas da nova tempada de Narcos.

narcos-domingo-fareleiroSegundo puido saber o noso medio a nova tempada arrincará coa conexión do cartel de Cali cos narcotraficantes galegos e fará moito máis fincapé na trama da entrada de droga en Europa despois de que a NSA dificultara a entrada de cocaína en territorio dos USA. Especúlase incluso que a esa nova tempada poida incluír a estrelas do narcotráfico galego como a do preso político Laureano Oubiña ou do amigo dun político Marcial Dorado se ben o noso xornal non puido obter indicios concluíntes sobre este estremo.

O hermetismo sobre o guión da serie é máximo e soamente puido transcender un fotograma da nova tempada onde se pode ver un feedback de Pablo Escobar rodeado de fariña que foi a escena que se rodou este domingo en Xinzo de Limia.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.