Ana Blanco gaña o debate electoral a catro


Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate.

debate a 4Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a catro que celebrou a Academia de Televisión cos candidatos á presidencia do goberno dos partidos estatais.

Nin Mariano Rajoy, nin Pedro Sánchez pero tampouco Pablo Iglesias ou Albert Rivera foron quen de convencer ao electorado e foi a presentadora a que levou a maior parte dos votos a pesar de non ser sequera parte da enquisa.

En segundo lugar quedou Pedro Piqueras pero a máis de 20 puntos da presentadora galega que a pesar de non presentarse as eleccións xa ironizou sobre o tema. “Quizais para as próximas eleccións funde un partido. Estiven pensado en rexistrar o nome Unidos Presentamos”, declarou.

A enquisa tamén arroxa outros datos interesantes como que os votantes dos partidos pensan que gañaron o debate os seus respectivos líderes coa salvedade dos votantes do PP que saben que Mariano Rajoy non estivo nin preto de gañalo pero lle van votar igual.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.