O pequeno Nicolás ficará á fronte da xestora do PP de Madrid trala marcha de Esperanza Aguirre


O pequeno Nicolás exercerá polo momento as labores de portavocía e non descarta presentarse para liderar o Partido Popular despois da renuncia de Aguirre.

O pequeno Nicolás exercendo as labores de voceiro do PPdeMadrid.
O pequeno Nicolás exercendo as labores de voceiro do PPdeMadrid.

O PP de Madrid constituíu na tarde deste domingo o equipo técnico que se encargará de coordinar o proceso de renovación da dirección do partido en Madrid, a inesperada dimisión da súa secretaria xeral, Esperanza Aguirre, por mor das numerosas investigacións que se suceden ao longo dos últimos meses no seno do partido.

Tal e como detalla a formación  nun comunicado, esta xestora “ocuparase da xestión do PP de Madrid na Comunidade e porá as bases para o restablecemento da normalidade institucional dentro do partido”, o que implica a celebración dunha elección a dedo para nomear a novo líder ou lideresa.

10406549_1502372190026374_3408244096666323390_n
Esperanza Aguirre co seu sucesor nunha imaxe de arquivo.

Así mesmo, o partido informa de que este equipo técnico está conformado por membros do partido e independentes, como é o caso de Francisco Nicolás, que polo momento exercerá a portavocía do partido na Comunidade Autónoma.

Pola súa banda Esperanza Aguirre declarou que dita información non lle consta a pesares de ser fotografiada con Francisco Nicolás minutos antes da súa dimisión como lideresa do Partido Popular madrileño.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.