Descubren que os vascos se reproducen por mitose


Investigadores da USC aseguran que é  aúnica explicación plausible para explicar a súa continuidade.

Vasco en proceso de separación celular nunha herrikotaberna.
Vasco en proceso de separación celular nunha herrikotaberna.

As últimas teses expostas por diferentes investigadores da USC asumen a posibilidade de que o xenoma vasco poda dividirse e crear novos individuos. Isto explica a non necesidade de aparearse, e as dificultades de conseguilo, dos homes en Euskalherría.

Deste xeito os vascos utilizarían a mitose para dividirse e multiplicarse nun complicado proceso ate o de agora descoñecido. Espéculase que o mesmo podería darse dentro das Herriko Tabernas, de aí a súa negativa e desconfianza a que persoas fóraneas compartan cos nativos ditos espazos.

As investigacións centránse arestora na técnica que poderían estar utilizando, o que traería consigo numerosos avances no campo da ciencia e innumerables utilidades na loita contra o cancro.

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.