A nova equipación do Deportivo, bandeira galega e estrela


Novos tempos corren polo Deportivo da Coruña, coa marcha de Lendoiro, un soplo de ar fresco corre polos despachos de Riazor.

Segunda equipación do Deportivo da Coruña para a tempada 2014-2015
Segunda equipación do Deportivo da Coruña para a tempada 2014-2015

Tal como se anunciou meses atrás, a nova equipación do Deportivo da Coruña, para a tempada 2014-2015, contará cunha bandeira galega. Tratarase da segunda vestimenta, máis a novidade fundamental atópase na inclusión dunha estrela na súa banda azul, convertíndose así no emblema do nacionalismo galego, a estreleira.

Este xiro nacionalista vén dado despois de anos de peticións por parte dos afeccionados, que reclamaban do seu clube unha defensa e especial interese pola cultura, lingua e identidade do seu propio país.

As reaccións non se fixeron esperar e Galicia Bilingüe xa emitiu un comunicado no que pide encarecidamente que “no se use el fútbol como opio para las personas gallegas”, e informaron de que presentarán unha proposta por escrito á directiva do Deportivo para que a primeira equipación uso as cores da bandeira española, e deste xeito que segundo o colectivo “No decidan por nosotros, vivimos en España y tenemos derechos, ellos pueden usar su bandera sectaria y del odio, pero tienen que respetar la de todos nosotros”.

Colectivos e formación nacionalistas, en cambio, parabenizarón ao conxunto herculino, porén o BNG ía máis alá pedindo que a estrela fose vermella, podendo utilizar “La Colorada” Red Vintage, unha das liñas de producto da marca de Primos de Rivera.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.