Camariñas logra o Guiness World Record de Tetris


img04Un novo record Guiness logrado no noso país. O pasado 23 de abril de 2014 Xosefa Rodríguez, nada en Camariñas no 1944, lograba o record mundial de encaixe por excelencia.

Nunha partida case perfecta, Xosefa conseguín unha puntuación de 9,999,999(máxima permitida polo videoxogo) e un total de 4,990 liñas completadas durante 13 horas interrumpidas de xogo, na que so tivo que facer uso da pausa para ir a miccionar un par de veces e comer algo a media mañá.

Xosefa, que se define como unha entusiasta do encaixe, valora este hito como algo normal nunha vila na que hai tanta adición e tradición a este entretemento.

O tetris, trátase dun xogo de orixe comunista-soviética cunha mecánica sinxela na que diferentes pezas deben formar liñas que se desfán. O xogo rapidamente se extendeu a nivel mundial e en case tódalas plataformas, e a día de hoxe segue a ser un dos máis xogados no planeta.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.