Un veciño do concello ourensán de Riós fíxose o dono de todo un pobo tras aproveitar a corentena derivado da pandemia do corona virus para mover os marcos das fincas e xuntalas todas nunha da súa propiedade.
O home aproveitou o confinamento decretado polo goberno e comezou a mover os marcos das fincas pouco a pouco. ‘Cada vez que ía facer un recado aproveitaba para mover un marco. Se ía á tenda, movíao; ao estanco, outro que movía’. ‘En catro días xa os tiña todos movidos’, declara un veciño claramento contrariado.
‘Non tiña can pero púxolle unha correa a un gato para ter unha desculpa para saír e así movelos todos’, engade unha veciña.
‘É un sinvergonza’, declarou outra veciña. ‘Xa hai uns anos estivo a punto de levar un sachazo na cabeza por andar con esas lerias’.
Os nosos reporteiros conseguiron contactar co movedor dos marcos que declarou que ‘estes estaban todos preocupados polo papel de cagar pero eu fun máis listo. De momento poden seguir vivindo nas miñas terras porque este goberno de comunistas e jipis paralizaron os desafiuzamentos pero en canto acabe toda esta trangallada vanse ir vivir a Vilardevós ou á Gudiña e que non se poñan parvos que igual anexiono eses concellos tamén’, espetou.
en galego é vila non pobo 😛
En galego, #POBO non é o que dicides no artigo
https://dubidasdogalego.wordpress.com/2014/01/27/pobo/