Ciencia

Atopan un galego na auga líquida de Marte: “Está boísima, metédevos”


Descobren auga líquida en Marte e a un galego bañándose nela dicindo: “Está boísima, metédevos”

Foi o pasado día da Nación Galega cando un grupo de científicos italianos anunciaron o achado dun lago subterráneo de auga salgada baixo unha capa de xeo no polo sur do planeta vermello.

A maior das sorpresas chegou cando observaron que, nun pequeno anaco da superficie onde non había xeo, un galego se estaba a bañar no lago. Tiña cara de estar aterecido, aínda así, convidounos a entrar, dixo un dos científicos italianos en perfecto galego tras estar de Erasmus en Santiago de Compostela.

Cando lle preguntaron ao galego que facía en Marte e como chegará alí, este xa ilustre galego respondeulles: “Despois dunha noite de excesivo licor café, quería volver á casa e acabei aquí. Pasoume coma ao meu antepasado Pedro Madruga, máis coñecido como Cristovo Colón. Ía para un lado e acabei noutro”.

Pouco despois de facerse pública a noticia, Zapato Veloz notificou que estaba a preparar unha versión de Hay un gallego en la luna, actualizada aos novos tempos.

Antes de cortar a comunicación, o galego pediu, se é posible, que lle enviasen unas botellas de LK para tratar de volver e un polbo por se non o lograba.

Artigo enviado por Noel Alive: Facebook, Twitter

Advertisements

One thought on “Atopan un galego na auga líquida de Marte: “Está boísima, metédevos”

  1. Esta moi bo ..os galegos estamos en todas partes ….pero sobrevivimos aunque sea ….. na lua e xa en marte …chegaremos a outros planatas ….poek non? Por algo somos GALEGOSSSSS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.