Un afeccionado galego ten que abandonar o estadio de Kaliningrado tras ser botado da sala do VAR onde pretendía pedir unha Estrella Galicia. O home de 38 anos e natural de Cuntis tería chegado a sala de axuda arbitral tras varias voltas ao estadio buscando un posto onde mercar cervexa. Deste xeito ao ver que … Seguir lendo
Monthly Archives: Xuño 2018
Facebook comeza a cheirar a queixo tras a avalancha de fotos de pés na praia
A empresa de Mark Zuckerberg podería estar recopilando datos sobre cheiros para venderllos a empresas de desodorantes. Centos de usuarios da coñecida red social procederona realizar un contacto co soporte da mesma dando avisos de que o seus smartphones, portátiles e tablets estaban comezando a emitir un olor que identificaban co queixo despois de que … Seguir lendo
O PP pensa que Feijoo ten un ‘futuro Dorado’ pero el non quere meterse en fariña
Xoan Bascuas amosou o seu malestar porque Feijoo fale de finalizar o seu compromiso por Galicia. O Partido Popular de Galicia amosou onte a súa satisfacción porque Feijoo non deixe o cargo de presidente da Xunta de Galicia. Fontes próximas ao partido indican que ‘Alberto es nuestra riqueza. Es como El Dorado y nos alegramos … Seguir lendo
Feijóo desvela, mediante a produtora de Piqué, que se queda en Galiza
O presidente da Xunta repasa nun corto as últimas semanas ata tomar “A decisión”. Unha vez máis o futbolista catalán, Gerard Piqué, atópase no medio do lío e a polémica. Se hai unhas semanas a súa produtora estreaba o primeiro episodio de #LaDecisión, co futbolista do Atlético de Madrid, Antoine Griezmann, desta volta #LaDecisión centrase … Seguir lendo
España afronta unha avalancha de aristócratas polo efecto chamada
Máis dun milleiro de descententes de reis, condes e marqueses desembarcan en Mallorca nun so día. Ter unha familia real xunto coa inminente aprobación dos presupostos do estado que asigna case oito millóns de euros á familia real está a provocar un efecto chamada entre aristócratas e xente de sangue azul de todo o mundo … Seguir lendo
A España váiselle das mans a cortina de fume por Urdangarín
A inminente entrada en prisión do cuñado do rei desata un tifón de merda nos noticiarios do estado. Todo comezaba o pasado martes cando tras unha presunta chamda telefónica da Casa Real ao Florentino Pérez, este iniciaba a operación “Fumata Branca” que non sería outra cousa que unha cortina de fume para tentar tapar o … Seguir lendo
O novo Super Smash Bros incluirá militantes de Xeira e retrovisores
Tamén incluirá os cadrís dun señor de Anova non aliñado coa actual dirección. Nintendo ben de anunciar no E3, a conferencia máis importante de videoxogos do mundo, o lanzamento dunha nova entrega do Super Smash Bros para a súa consola Switch. Segundo avanzou a compañía nipona reunirá á maior colección de personaxes da saga xunto … Seguir lendo
MeteoGalicia informa que este ano o verán caerá en xoves
Decepción xeralizada entre os galegos porque non caia en fin de semana. Segundo avanzaron os meteorólogos da Xunta este ano o verán caerá en día laborable, concretamente vai ser un xoves con unha diferencia de dúas horas arriba ou abaixo. Isto soamente faría desprazar o verán entre as 22:00 do mércores ou as 2:00 do … Seguir lendo
A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo
Na Coruña fodeuse pouco este ano. Onte coñeceuse que a aplicación de Android da Liga de Fútbol Profesional emprega o micrófono do teléfono dos usuarios para comprobar se están a piratear un partido. Informáticos ata as trancas de ritalín conseguiron descubrir que a mesma aplicación tamén espían os usuarios para coñecer os hábitos sexuais despois … Seguir lendo
Feijoo trata de conter o sorriso tras coñecer o resultado da moción da censura
Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’. A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia. É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas … Seguir lendo