Sospéitase que o que se pensaba que era un parágrafo en chino dunha obra de Paulo Coelho sexa, en realidade, un texto sobre o Fondo de compensación interterritorial. O escándalo sobre a suplantación do título de máster de Cristina Cifuentes e o cambio de notas para obtelo pode non ser o único escándalo que afecte á … Seguir lendo
Monthly Archives: Marzo 2018
Paula Quinteiro ficha cómo crashtester en Citröen
Do rupturismo parlamentario á ruptura automobilística Paula Quinteiro, deputada de En Marea e pertencente á corrente anticapitalista de Podemos, copa dende onte os medios galegos. Así, a Voz, a TVG ou a Radio Galega fanse eco das súas habilidades rupturistas. Feito polo cal a deputada xa ten unha oferta sobre a mesa cómo crashtester, e … Seguir lendo
Un Deus retranqueiro fai coincidir o San Xosé co Día do Pai
San Xosé enfadado asegura terse feito ateo nos últimos meses. Que Deus era vengativo queda claro a raíz das lecturas feitas do vello testamento máis desta volta sae á luz algo que polo de agora non fora explicitado, a retranca do todopoderoso. A retranca de Deus foi a que para enfado do propio San Xosé, … Seguir lendo
Roberto Vilar xa poderá falar castrapo sen que o critiquen
O famoso showman galego aproveita o tirón de “Fariña” para fichar por Atresmedia e presentará xunto coa actriz Silvia Abril “La noche de Rober” en Antena 3. Tras varios anos batendo récords de audiencia co Land Rober na Televisión de Galicia, unha canle xeneralista volve darlle outra oportunidade a Vilar para triunfar a nivel nacional. … Seguir lendo
Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha
A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking … Seguir lendo
A Lama albergará o primeiro módulo do mundo para rapeiros
Inaugúrase ante a inminente entrada na cárcere dos membros da banda musical “La Insurgencia’ O módulo contará con 40 celdas, inda que non se descarta a ampliación modular se continúan aumentando o número de persoas encarceadas pola Audiencia Nacional. A localización débese a unha cuestión estratéxica, dado que 6 dos membros do grupo “La Insurgencia” … Seguir lendo
Piden que a lapidación e o linchamento público quede recollido no código penal
O novo texto promovido pola dereita tamén recollería os xuízos públicos na praza do pobo. Os últimos acontecementos acaecidos por mor da desaparición e morte do neno Gabriel relanzan a idea da necesidade de modificación do código penal español, un dos máis duros xa de por si de Europa. Entre as medidas propostas ata o … Seguir lendo
Un home foi capaz de facer dúas cousas á vez porque a súa parella estaba de folga
Por primeira vez na historia un home é capaz de realizar dúas cousas á vez forzado pola ausencia da súa compañeira que estaba a participar na folga feminista do 8 de marzo. Científicos de todo o mundo están a estudiar o caso de Andrés F. R., de Coristanco, que pasará a historia por ser o … Seguir lendo
A editorial Xerais anuncia o estraperlo de 1500 fardos de Fariña
Un alixo de dúas toneladas da edición en Galego chegará este sábado ás 4 á praia da Lanzada. O director da Editorial Xerais, Manuel Bragado, comunicou na xornada de onte a posta a disposición do público do libro “Fariña”. A editorial, que é a única que ten os dereitos en galego do libro de Nacho … Seguir lendo
Trump pide armar aos alumnos para evitar ataques de profesores
Donald Trump pide armar aos alumnos despois do último ataque nunha escola norteamericana perpetrado por un profesor armado. Os episodios de violencia armada multiplícanse nos Estados Unidos. Despois das matanzas cometidas por diversos alumnos en institutos americanos o presidente indicou que para evitalas debéranse armar os profesores. Días despois foi un profesor o que encañonou … Seguir lendo